O FESTIVAL

O GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL é un evento de cinema e cultura freak de orixe totalmente galega. Ao longo de tres días amosará unha insólita selección de pezas audiovisuais que habitualmente vense privadas das canles habituais de distribución no estado.

#0 Edition. O freakismo Galego

Comeza coa “Movida Viguesa” de Siniestro Total e Os Resentidos, continua co rock bravú que nos 90 saca peito da cultura tradicional galega e consolídase co Xabarín Club (nosa La Bola de Cristal galega) e, por se fora pouco, aderecemos isto cun bo feísmo galego, un Luar e un carro de horterismo.

Como non podía ser de outra forma, a riqueza e variedade do cinema galego recolle unha importante veta (un laño, que dirían na Guarda) de pensamento, non exclusivo pero si moi propio, da cultura galega: o freakismo.

Máis que cine

O festival é máis ca un simple acontecemento cinematográfico, sendo as proxeccións de películas o epicentro de numerosos actos paralelos: concertos, exhibicións, performances, musicalización de filmes ao vivo, encontros entre público e cineastas, festas, etc.

Un festival popular

O destinatario de todas estas accións é xente da toda Galicia, convocada por esta comunión única coa súa cultura e pola súa forma de ser única.

Por outra banda, o festival recibe a unha cincoentena de persoas convidadas relacionadas coas obras seleccionadas a concurso.

SALA VIDEODROME

Entrada pola Rúa Eduardo Iglesias.
Antigo supermercado Familia do Mercado do Progreso.