MURAL AO VIVO POR GONZALO ALONSO
O noso FROTOCOL non podia ser cousa baladí. Será pintado ao vivo polo polivalente “artijta” Gonzalo Alonso. Como quedará? Seguro que moi juapo e friki de carallo! Vai botarlle un ollo e prepárate para ser o máis guai dos teus colegas.
Xoves 21, 19:00 | Diante do MARCO (Rúa Príncipe)
INAUGURACIÓN
Nun tempo no que no cinema estaba todo por inventar, o pioneiro Segundo de Chomón, contemporáneo de Méliè, pensou no cinema como unha ferramenta para contar algo máis que a realidade, adiantouse aos tempos co stop motion, A fantasmagoría, fantasía e inxenio visionario que destilan moitas das súas pezas, conversan con música en directo na proposta que Macarena Montesinos e Paulo Pascual nos presentan. Violoncello, theremin e sonoridades de tecnoloxía actual convivindo co innovador cinema de principios do século XX.
E despois, uns petiscos de “Buen Rollito” e a mirar un par de curtas cunha birra na man. Tes mellor plan?
Xoves 21, 21:30 | Sala VIDEODROME (Rúa Progreso 41)
SET DE RODAXE AO VIVO SPENCER FX
Poderás ver o que se agocha tralas túas pelis favoritas, ao vivo!
Os alumnos da escola de audiovisuais de Vigo (EAV) motarán un set de rodaxe en directo o venres 22 de decembro ás 19:00, na Rúa Príncipe (Diante do MARCO). Una oportunidade única de ver unha rodaxe en vivo!
O IES Audiovisual de Vigo naceu en 2005 coa intención de converterse nun centro de referencia audiovisual no sur de Galicia. Está situado no barrio vigués de Bouzas, un barrio con moita historia e rodeado de asteleiros.
A actividade estará coordinada polo profesor Ricardo Spencer, un bó frikazo e un gran apaixoado dos efectos especiais con moitos anos de experiencia no sector. Baixo a súa tutela os alumnos farannos desfrutar dun espectáculo de explosións, mamporros e acción sen igual.
Non volo podedes perder!!
Venres 22, 19:00 | Diante do MARCO (Rúa Príncipe)
CONCERTO MAD MARTIN TRÍO
Concertazo da banda Mad Martin Trío da man do Galician Freaky Film Festival!
O venres 22 de decembro ás 23:30, na sala Transylvania (Rúa Rogelio Abalde, 16), poderedes disfrutar dun concerto desta xenial banda, así como a presentación do seu novo disco “Tornado”.
Fai xa case catro anos dende que Mad Martin Trio debutou coa presentación de “It Was A Very Good Year” (2014), tema talismán do trío, dende entón publicaron, “Seven Lucky Shots” (2014) editado en España por Molusco Discos e “Time To Go Mad” (2015), un largo que inclúe 14 temas publicado en Escandinavia polo selo sueco Vintjärn Records. “Eileen”, incluido en “Time To Go Mad” foi escollido entre os 100 favoritos do ano no programa “El Sótano de Radio3” de Diego R.J. Dende entón non pararon de tocar por media Europa e todala xeografía española. No 2015 foron os gañadores en Madrid do concurso “Azkena Rock Party” entre un número considerable de bandas. Agora presentan “Tornado” un vinilo en 10” financiado con unha exitosa campaña de crowdfunding, producido por Mike Mariconda e grabado á antigua usanza e en analóxico.
Venres 22, 23:00 | Transylvania (Rúa Rogelio Abalde 16)
Performance
Volverémonos tolos de frikismo a ritmo de baile! Maquillaxe, larpeiradas e una canción terrorificamente freaky serán algunas das sorpresas que o GFFF ten preparadas para todos os que vexan e participen.
Vai ser todo un espectáculo! A actividade será altamente divertida e apta para tódalas idades. Despois non digas que non avisamos. Se queres participar na Flashmob, escríbenos pola páxina de Facebook do GFFF e enviarémosche máis info.
Xa podes marcar o día e lugar: O vindeiro sábado 23 de decembro ás 19:00, na Rúa Príncipe (Diante do MARCO). AUUUUUUUU!!
Sábado 23, 19:00 | Diante do MARCO (Rúa Príncipe)
CONCERTO IGMIG + FESTA DE CLAUSURA
Festa por todo o alto! O peche final do Galician Freaky Film Festival non deixará a ninguén indiferente. Moita música, moitas risas, sorteos, frikismo… Remataremos o festival como ben vos merecedes!
Toma nota: Sábado 23 Decembro. Dende as 00:00 ata que o corpo aguante! Na Sala Mogambo (Rúa de Churruca, 12).
Comezaremos cun concerto do grupazo IGMIG, risas e música aseguradas, e a festa non parará da man do DJ METEORO que pinchará tocando tódolos fíos da túa alma máis bailonga e freaky.
IGMIG é un trío musical vigués dificil de encasillar: grandes doses de postpunk, rock progresivo, electrónica… aínda que tamén introducen elementos da musica clásica do s. XX como o serialismo e a improvisación. As letras recordan o dadaísmo e utilizan a prosodia da voz como elemento compositivo. A posta en escena é tremendamente eufórica. Enormes doses de interacción co público e moito humor.
Sábado 23, 00:00 | Mogambo (Rúa Churruca 12)