O venres 22 de decembro temos unha cita con Mad Martin Trío no local da rúa Transylvania, (na zona de Churruca, en Vigo) onde presentarán o seu novo traballo: Tornado.
Coma a espera se nos fai eterna quixemos facerlles unhas preguntas a Martin Esturao para ir abrindo o apetito e saber que nos poderemos encontrar enriba do escenario.
Preparados? Avisamos que é un grupo que da moita caña da boa!
Que é o que máis vos gusta de tocar en directo?
Que desaparecen todolos males da idade (risas). En serio, cando tocas sínteste noutra galaxia, a adrenalina flúe polas venas e hai unha catarse entre público e banda, case sempre.
O día 22 estaredes presentando no Transilvania o voso novo traballo, que é o que se poderá encontrar a xente que acuda o concerto?
Musicalmente hai moitas bandas que tocan de puta nai pero que o pasen tan ben coma nos hai poucas.
De acordo ó estilo, facemos Rock and Roll sin concesións, con contrabaixo, con guitarra eléctrica (Grestch) e batería. Si visualizas a imaxe xa é toda unha declaración de principios.
Por certo, este último traballo o fixestes a través de crowdfunding, que tal a experiencia?
É un orgullo poder contar con seguidores que che adianten a pasta para facer un disco hoxe en día, nunha época en que ningún se fía de ninguén
Iso si, é un choio terrible e si non estás afeito a estos menesteres, aínda peor.
Cal está sendo a acollida do público nestes concertos de presentación de Tornado?
Ata agora só tivemos boas críticas e iso da que pensar pero de momento estamos encantados porque o disco en si é moi honesto, inclusive cos seus defectiños, que os ten (e o que ten gravar todos xuntos e en directo). A nos gústanos moito.
Se puidesedes tocar cun dos vosos referentes, quen sería e por que?
Buff, vaia pregunta! Sinceiramente é que hai moitos.
Tivemos a sorte de acompañar a unha lenda viva como e Graham Fenton (Matchbox) en varias ocasions e foi unha responsabilidade e un orgullo, ademáis de moi divertido. Non sei, daríache unha lista sen fin pero o meu favorito e mestre quizais sexa Brian Setzer (Stray Cats) e sería un soño acompañalo algún día aínda que fora a tomar un whisky (risas).
Xa levades dende 2014 dando guerra con Mad Martin trío pero cal é a canción propia que mellor vos representa? Por que?
Pois hai varias candidatas pero penso que con I Dared The Devil, do noso anterior traballo, faste unha idea bastante clara de que vai a banda. E do último disco aínda que non e nosa, Bet on Rock & Roll (Apuesta por el Rock and Roll) tamén é bastante representativa, pola letra máis que nada.
Que é o máis difícil no mundo musical?
Sobrevivir con dignidade. Temos amigos noutros países onde tivemos a sorte de estar de xira e, cando comparas como é a vida dos músicos neses países coa nosa existencia diaria…dan gañas de liscar, pero aquí estamos para facer Rock&Roll e, a estas alturas, ninguén nos vai cambiar.
Martin, recordas a primeira vez que te subiches un escenario?
Si, era un cativo en Londres, onde me criei, e había un festival de Nadal na escola. Casi morro co medo pero co tempo collín o gusto.
Isto é o Galician Freaky Film Festival e todos somos un pouco frikis. De que sodes frikis vos?
Como a min me gusta!
Nos somos frikis de moitas cousas: do cine, as pelis de serie B, o cine Gore… bueno, non profundizo que diso controlades e seguro que a cago. Tamén dos coches clásicos, especialmente americanos, as motos personalizadas (sempre que nolo permita a ITV), as pinups, ou mellor dito, as Betties, como me gusta chamarlles, a roupa vintage e os instrumentos clásicos tamén, pero non para tocar Beethoven,..
Somos frikis a moita honra.