FILMES

Alicia en Galicia Caníbal

Director: Xavier Villaverde
4 min | 1987

Segunda versión do mítico videoclip “Galicia Caníbal” do grupo Os resentidos. Unha videocreción que indaga na búsqueda dunha cultura autónoma facendo unha crítica, baixo o prisma do humor e da ironía, das políticas e supersticións oficiadas para lograr esa identidade, dende o franquismo ata a “movida”.

Sesión CURTAS | Xoves 21 ás 21:30 (Inauguración)

Amor de Mono

Director: Paulo Mosca
5 min | 2015

En vista de que vós, humanos, non sabedes solucionar os vosos propios problemas, os monetes subnormais vimos a impartir xustiza máis elegancia co noso estilo sexy castizo.

Sesión SACHADA | Sábado 23 ás 20:00

Back to the Tic

Directores: Alumnos de Realización en Televisión da Escola FundaciónTIC
26 min | 2011

Martiño McFly viaxa no tempo ata o ano 2011 para buscar ao seu pai na Escola de Imaxe e son de Lugo (TIC) e transmitirlle unha mensaxe antes de que se titule como técnico de realización audiovisual. Martiño McFly verase envolto en escenas clásicas do cine coas nenas de O Resplandor, Morpheo de The Matrix, Jose Luis Garci ou McGyver, que intentarán axudarlle na súa viaxe de regreso á TIC.

Sesión LANDRÚ | Venres 22 ás 20:00

De Fiestuki con la Peñuki

Director: Brian Rodríguez Cortiñas
5 min | 2016

“De fiestuki con la peñuki” é unha aplicación para o teléfono móbil que permite quedar con descoñecidos e finxir, a ollos dos demais, que se ten unha gran vida social. Unha historia sobre tres homes coa capacidade de redefinir o concepto de amizade.

Sesión SACHADA | Sábado 23 ás 20:00

Desde Dentro

Director: Samuel Lema
15 min | 2017

Esta é a historia dos terribles asasinatos cometidos por un psicópata coñecido polos medios de comunicación como «O acechador»  O caso convírtese nun boom mediático polo que unha produtora decide realizar unha instant movie sobre o caso co obxectivo de aumenta-la súa audiencia e tratar de desentrañar a identidade do asasino.

Sesión SACHADA | Sábado 23 ás 20:00

El Váter Susurra

Director: Rafael Calvo Grobas
33 min | 2000

Que sería da Humanidade se un día os nosos WC, eses utensilios dos que non poderemos prescindir xamáis, adquirisen vida propia e se rebelasen violentamente? Esta é a historia dun xoven matrimonio ultraconservador enfrontado ao seu inodoro, un parapsicólogo hindú e unha conspiración mundial que non cheira nada ben.

Sesión CURTAS | Xoves 21 ás 21:30

Entorrados

Director: German Tejada Santiago
12 min | 2006

Un universo paralelo infestado de estraños personaxes ao redor da Torre de Hércules. Ao longo do día seguimos os avatares dos individuos que pasan por alí: os traballadores da propia torre-faro, os turistas, os cidadáns que fan deporte… pero tamén as gaivotas, as antigas lexións romanas e o mesmísimo King Kong.

Sesión LANDRÚ | Venres 22 ás 20:00

Galactea

Directora: Cora Peña
17 min | 2001

Galicia: un futuro non moi lonxano. Europa impón unhas férreas condicións agrícolas que afectan ao noso principal sustento: o leite. O mestre Odi Xoan enfróntase ao escuro Dhar Jacob en defensa das tradicións patrias e entregándose ao viño do país. No seu delirio atopa a Vicentín, un xoven sacerdote con todos os sinais do elexido: o último peregrín.

Noite FREAK | Venres 22 ás 21:30

La Carne Cruda

Director: Samuel Lema
19 min | 2013

Dende a súa infancia, Hansel sempre tivo un desexo: devorar a un ser humano. O seu vello boneco non abonda para encher o seu baleiro afectivo. Trala morte da súa nai, decide facer realidade o seu soño, convertindo os seus desexos nunha perigosa necesidade. Unha necesidade mortífera cando xa non queda máis carne que devorar.

Sesión SACHADA | Sábado 23 ás 20:00

La Matanza Caníbal de los Garrulos Lisérgicos

Directores: Antonio Blanco, Ricardo Llovo
77 min | 1993

Un grupo de rapaces regresa dun concerto de heavy metal a altas horas da noite. Entre cervexas e canutos sofren un accidente e vense obrigados a buscar axuda. A hospitalidade dos Machado, que viven nun núcleo rural adicado á produción “artesanal” de embutidos, axiña espertará suspicacias entre os xóvenes, que se verán envoltos nunha trama caníbal sen precedentes.

Noite CANÍBAL | Sábado 22 ás 22:00

Los Viajes de Pichük

Directores: Manel Cráneo, Paco Cuesta
10 min | 2016

Pichük é un científico do Ministerio de Ciencia do planeta Mincha. No seu afán por adquirir coñecemento emprende innumerables viaxes nos que vai clasificando as diferentes especies que habitan nas diversas rexións do seu planeta. Claro que alí todo é diferente: as cousas acontecen según as súas propias normas, como reflexos distorsinados do planeta Terra… con máis humor.

Sesión LANDRÚ | Venres 22 ás 20:00

The Last Patrol

Directora: Cora Peña
55 min | 2000

Unha patrulla de soldados atravesa a selva nunha misión suicida. Ao longo da súa viaxe asistiremos á evolución persoal de cada membro do grupo a través de números musicais máis ou menos bizarros. As súas relacións vanse enturbiando cando os nosos heroes, un por un, van caendo en trampas mortais.

Noite FREAK | Venres 22 ás 21:30

Todo un Personaxe

Director: Ángel Regueiro
14 min | 2007

Armando Duval é un funcionario de correos “cuarentón” e con excesiva afección polos cómics: leva tebeos ao traballo e aproveita calquera ocasión para lelos. Nun deses momentos, ten que atender a un extraño individuo con aspecto de centífico. O home suxírelle que teña “coidado cos exemplares únicos”.  Máis tarde, na súa casa, Duval é sorprendido por dous extraños personaxes.

Sesión LANDRÚ | Venres 22 ás 20:00

Vicenta

Director: Samuel Ortí Martí
23 min | 2010

Alfredo morre sen revelar á súa esposa o escondrixo da fabulosa fortuna que gañaron anos atrás na lotería. Vicenta buscará os cartos por todas partes ata asumir que a única maneira de saber onde están é preguntándolle ao seu difunto esposo.

Sesión SACHADA | Sábado 23 ás 20:00

Zombies no Mestre Mateo

Director: Dani de la Torre
8 min | 2013

O presentador da gala dos Mestre Mateo prepárase para o seu momento de gloria. Todo está disposto para a gran noite do audiovisual galego. Sen embargo, unha repentina invasión zombie ameazará a celebración do evento e poñerá en xaque aos propios profesionais do sector.

Sesión LANDRÚ | Venres 22 ás 20:00